Neste segundo trimestre empezarei cos proxectos en 4º de ESO. A intención é que apliquen os circuítos electrónicos que estivemos vendo na primeira avaliación. Aproveitando que fan os proxectos traballarán tamén o debuxo asistido por ordenador.
Na sección de “prácticas e proxectos†de electrónica incluín algunhas propostas, e irei engadindo máis cando vaia atopando algo de tempo. Son propostas que lles fixen estes anos anteriores. Este ano teño outras propostas, e os rapaces tamén fanme as súas, pero antes de publicalas aquí quero ver que tal funcionan.
As propostas de automatismos electrónicos analóxicos poden resultar algo engorrosas, sobre todo sabendo que dispoñendo de controladoras sería moito máis doado conseguir os mesmos resultados. É bastante lamentable que non teñamos nos centros dotación de control e robótica cando estes contidos están no currículo dende o 2001, e máis sabendo que somos a única comunidade autónoma na que non se actualizou a dotación para a área de tecnoloxía neste sentido. No meu centro temos sorte, xa que grazas á axuda para agrupacións entre centros que nos dá o MEC imos poder mercar robots LEGO. Pero bueno, ese será outro capítulo.
Se alguén ten algunha proposta de proxecto de electricidade ou de electrónica e quere compartila, pódema enviar para incluíla neste web. Indicarei, por suposto, a autoría da mesma.