Aí vai unha proba de enxeño:
Estamos nunha casa de dous pisos. No piso inferior hai tres interruptores e no piso superior hai unha única lámpada de incandescencia.
Debemos descubrir cal dos tres interruptores é o que acende a lámpada tendo en conta que só podemos subir unha única vez ó piso de arriba para comprobar se a lámpada está acesa.
Nota: Non podemos saír da casa, non vemos reflexos, non hai unha segunda persoa que nos axude, etc. Só se subimos podemos comprobar se a lámpada está acesa ou non.
desmontas a caixa dos mecanismos e miras que interruptor está conectado
¿Terá que ver con transformacións enerxéticas? a enerxía eléctrica nunha lámpada de incandescencia transformase en luminosa e térmica…quiza aproveitando este coñecemento…
poñemos un detector de luz cunha ldr no piso de arriba e no piso de abaixo temos un zumbador conectado ó circuito e así cando lle damos o interruptor correcto soa
Podería valer, pero esquecinme de dicir no enunciado do problema que non se pode utilizar ningún trebello. Só hai que usar a cabeza.
Trátase de aproveitar os coñecementos… e non quero dar máis pistas.
O resto de interruptores poderían estar conectados a outros dispositivos, e todos terían cables. Non valería.
o que fixo esa instalacion electrica quedou descansado
Accionamos un interruptor (por exemplo o da esquerda) e logo de agardar uns minutos, apagamos. Accionamos o interruptor do medio e imos mirar a lámpada.
Se está acesa, problema resolto pois o interruptor buscado sería o do medio.
Se está apagada, tocarémola:
Se está quente, o interruptor buscado será o da esquerda.
Se está fría, o interruptor buscado sería o único que non accionamos, o da dereita.
:-)
OK tecno, proba superada
A clave, como dicía Antonio, estaba na lámpada de incandescencia, que ten moi baixo rendemento: arredor dun 90% da enerxía eléctrica consumida transfórmase en enerxía calorífica.
A vindeira proba intentarei que sexa máis complicada ;-)
Bueno, polo menos bastantes visitantes déronlle voltas ó coco e iso está fenomenal. Eu souben a resposta en menos dun minuto. Non a puxen para que seguise no mesmo vento que ma trouxo. Na próxima tentarei non facer mal uso da tecnoloxía. Saúdos.