Audio en wordpress.com

audioOs que tedes o voso blog aloxado en wordpress.com tivestes problemas para inserir arquivos de audio con deezer.com e con ivoon.com. Aquí tedes unhas alternativas:

Para inserir arquivos de audio en wordpress.com debedes escribir entre corchetes

A URL do arquivo de audio mp3 podedes collela de varios sitios, como por exemplo:

Tamén podedes subir os vosos arquivos de audio a:

  • mediamax.com (o arquivo tes que movelo a “hosted” unha vez subido)

Cando teñades a URL, xa podedes inserir o audio.

Aquí hai un exemplo dunha canción de Jamiroquai:



A ver se agora vos vai.


2 comentarios en “Audio en wordpress.com”

  1. Boas!

    Eu din con Goear e procurando información pola rede puiden chegar a integrar audio en wordpress cun formato coma este

    [audio=http://www.goear.com/files/sst4/29fa8d8acfe701b46d61fd2caa67bcf6.mp3]

    ao que hai que chegar despois dun par de pasos previos.

    Hei de probar cos que dás ti. De todos os xeitos, WordPress non facilita moito as cousas.

    Responder
  2. O problema non é de wordpress, pois eu uso ese xestor de contidos para este blogue e non teño problemas. Normalmente os sitios gratuítos sempre teñen limitacións, e se non as queres non queda máis remedio que contratar un servidor ou crealo ti mesmo no teu equipo.

    Para integrar audio con Goear hai unha ferramenta que che evita eses pasos previos engorrosos feitos a man. Chámase dowint.

    Introduces en dowint a URL da canción elixida, por exemplo “http://www.goear.com/listen.php?v=440e442“, daslle a descargar, e xenérache a URL do arquivo mp3 que necesitas para inserir o audio en wordpress.com
    Co exemplo anterior quedaría http://www.goear.com/files/sst3/657ce60b373db25e8c550990f102d259.mp3

    Responder

Deixa una resposta a Román Cancelar a resposta