Hai un días puxen unha mensaxe na que buscabamos o colexio galego que enviou un manifesto pola paz en globo, e que chegou ata Segovia. Xa o atopamos!
Trátase do CPI padrenda-Crespos, do concello de Padrenda, na provincia de Ourense.
Aquí está a ruta que fixo o globo (máis ou menos, pois seguro que non foi seguindo a estrada)
Non me imaxinaba eu que estes globos lanzados o aire chegaran tan lonxe.
Que idade teñen os nenos?
Paréceme unha ocasión estupenda para explicarlles por que os globos de helio non caen e falarlles das correntes de aire, o vento, etc.
Grazas por amosarnos o percorrido do globo. É unha historia moi bonita.
Ola. Son un dos profes que urdiu o día da paz de hai dous anos. É o cole CPI Padrenda Crespos, na provincia de ourense. Donde hai nenos dende 3 ate 16 anos.
Recibide un saúdo de afecto.
Outro saúdo para ti, Jorge. Os rapaces e rapazas deberon quedar abraiados ao saber ata onde chegou o seu globo. Parabéns pola experiencia.