En globo dende Galicia ata Segovia

Búscase colexio galego que enviou unha mensaxe en globo o día da paz!

17032008(001)Un compañeiro de tecnoloxía, Jose Luis Martín, solicítanos axuda para atopar aos autores e autoras dunha mensaxe enviada polo aire. Os globos voaron dende algún lugar de Galiza ata a copa dun piñeiro de Miguel Ibáñez, na provincia de Segovia (está marcado no mapa cunha cruz vermella)

Ás persoas que atoparon a mensaxe gustaríalles que os nenos e nenas que o soltaron ao aire soubesen o lugar onde chegou, así que solícitase a axuda de calquera persoa que poida difundir esta mensaxe entre os colexios galegos.

mapa-segovia
Visualizar o mapa ampliado


5 comentarios en “En globo dende Galicia ata Segovia”

  1. que historia mais fermosa! espero que atopedes aos nenos que enviaron a mensaxe. van flipar cando saiban ata onde chegou

    Responder
  2. O noso cole enviou globos o día da Paz, e tamen varios colexios de Pontevedra cidade. Pero esa imaxe en concreto non me soa que sexa do noso alumnado.
    Que teñades sorte e atopedes os autores. Se é asi poñede mensaxe para que podamos saber o percorrido do globo.
    Bicos galegos para Jose Luis e os seus compañeiros e alumnado.

    Responder
  3. No colexio do meu fillo enviaron mensaxes en globo o día da paz. Voulle preguntar á profesora por se sabe algo.
    Sería moi bonito que atopárades aos nenos que o enviaron. Moita sorte.

    Responder

Deixa un comentario