O Regulamento de Circulación prohibe repostar nunha gasolineira se tes acesos dispositivos emisores de radicación electromagnética, como teléfonos móbiles.
Esta prohibición sempre me chamou a atención. Realmente un teléfono móbil é capaz de provocar unha ignición do combustible? Teñen as ondas electromagnéticas ese perigoso potencial?
Non sei, pero paréceme moi raro, e sóame a lenda urbana transformada en norma.
Creo que hai cousas máis perigosas á hora de provocar a combustión nunha gasolineira. O combustible arde facilmente se provocamos unha chispa. Iso pódese producir cun chisqueiro, ou simplemente por unha descarga da electricidade estática acumulada na roupa.
Acumular electricidade estática dentro dun automóbil é bastante probable, especialmente se levas roupa sintética e calzado de goma. Se tocas un obxecto metálico nesas condicións prodúcese unha chispa, o que pode provocar a ignición do combustible. Iso é o que lle pasou á muller do vídeo:
Aínda que facer arder o combustible pola electricidade estática paréceme pouco probable, eu creo que é bastante máis perigoso que ter o teléfono móbil funcionando. De tódolos xeitos fagámoslle caso ás normas, máis que nada por se nos poñen unha multa.