O que ves no vídeo é un Fake (‘falso’ en inglés), unha montaxe.
Pois hoxe botárono varias veces no informativo Antena 3 Noticias co titular “Catro móbiles converten o millo en palomitas” e o subtítulo “consecuencias das radiacións”. Sen contrastar a información afirman que “parece que non hai truco”. (Grazas Jordi)
É iso do vídeo posible? Algún truco hai: as palomitas estaban a punto de estallar e colocáronas uns segundos antes, ou pode ser que debaixo da mesa haxa un quentador, ou non sei, pero cos teléfonos móbiles rotundamente non.
Aínda que a transmisión por telefonía móbil se realice mediante microondas, a frecuencia de dita radiación (900-1900 MHz) é diferente á utilizada polos fornos microondas (2400 MHz), que é a que fai vibrar as moléculas de auga do millo e aumentar así a súa temperatura. Os efectos de quecemento térmico da radiación dun móbil é moi inferior á dun forno microondas, pero o máis importante, a potencia do sinal dun teléfono móbil é tan débil que no tempo de exposición deses teléfonos do vídeo contra as palomitas resulta imposible que as fagan estallar. Nin sequera despois dun mes de emisión continua de sinal.
A tasa de absorción específica dos teléfonos móbiles non supera os 2W/kg. Se facedes los cálculos veredes que é imposible, e iso sen contar a dispersión de enerxía no entorno.
O alucinante é que boten este tipo de novas nos informativos da televisión, así, a pelo, e sen contrastar a información. Xa estou vendo a moitas familias facer o experimento na súa casa, ou pensando como se debe cocer a súa masa encefálica cada vez que falan por teléfono :-(
Xa postos, vou difundir eu algo.
Sabedes que lle sucede a un móbil se o metemos no microondas? ;-)
jeje, moi bo o vídeo do mobil no microondas :-D
Ola María, supoño que xa viches esto:
http://www.hoytecnologia.com/noticias/Cientificos-internacionales-alertan-sobre/63060
Si, xa lin o artigo, Manuel, e non me gustan este tipo de novas nas que non se explica en que se basean para facer esas afirmacións. Por exemplo di “influencia posible da exposición aos campos electromagnéticos”.
Sempre estamos expostos á radiación electromagnética, empezando pola luz solar, as ondas de radio, wi-fi, radar, etc. A radiación electromagnética non é boa nin mala, e a influenza sobre o corpo humano dependerá sobre todo da súa frecuencia e da súa intensidade e potencia.
Para empezar as microondas dos sistemas de telecomunicación son ondas non ionizantes, e logo está a potencia da emisión, que nos aparellos terá que estar por debaixo dos límites permitidos. Igual eses límites hai que baixalos, e non está de máis separar o móbil no establecemento de chamada (que é cando máis potencia emite) ou protexer aos nenos, máis vulnerables, pero creo que é máis prexudicial tomar o sol ao mediodía ou falar co móbil mentres conduces.
En el artículo los mismos científicos dicen que no hay pruebas, pero está bien seguir las recomendaciones sin alarmarse. Pero eso es una cosa y otra es que podamos freir salchichas cada vez que enviemos un sms. Lo del vídeo de las palomitas es para nota.
Gostoume o exemplo de tomar o sol ao mediodía. Ainda hai suicidas que fan iso? :D
A solución de todo isto está aquí: http://www.cardosystems.com/pop/
Trátase dun viral (estaba claro)
Seguirán caendo na trampa os informativos da televisión?