Historia dos videoxogos

space invadersTeño que recoñecer que non estou nada posta nos xogos cos que andan agora os meus alumnos e alumnas da ESO, pero cando tiña a súa idade andaba intercambiando cintas de casete con xogos para o commodore 64, por non falar da fardada que era chegar ao cole coa “maquinita” do donkey kong. Anos antes flipaba cos meus irmáns co pong e coa máquina dos space invaders cando tiñamos algunha moeda que meterlle.

Hoxe anuncia Vieiros que os videoxogos máis recoñecidos e famosos están presentes na exposición “Game Over. Una historia de los videojuegos” que se exhibe en Valladolid. Queda algo lonxe de Vigo, pero podemos consultar nesta ligazón a historia dos videoxogos en diversas seccións, os emuladores cos que podemos facer funcionar os vellos xogos nos PCs actuais, e tamén xogar on-line a algúns clásicos.

Neste vídeo podes ver a evolución en 5 minutos:

Moito cambiaron as cousas dende os anos 70, e pódese afirmar que o mundo dos videoxogos constitúe unha forma de cultura e un fenómeno social, ou non somos moitas as persoas que máis dunha vez tarareamos o ti-rirori-rirori-tirori-ro-ri-ro machacón do tetris?.

Aquí tes unha versión ska ideal para as festas veraniegas:


2 comentarios en “Historia dos videoxogos”

  1. eso sin olvidarnos del spectrum jejeje (la primera consola con sus teclas de goma).

    Simplemente para decirte que me ha encantado tu página y que la añado a las de obligada consulta ( y por supuesto siempre que lo recuerde te sumaré un +5 en boosterblog a ver si sube tu “audiencia”)

    Bo día dende Ourense.

    Responder
  2. Claro que non pode faltar unha mención ao spectrum, anque na miña casa había un commodore, regalo do meu tío.
    E nada, alégrome de que che guste o meu sitio.
    Un saúdo dende Vigo.

    Responder

Deixa un comentario