O verán é un bo momento para organizar a casa e todos eses trastos que hai dentro e, de paso, darlle un toque persoal. O interesante é deseñar e montar os propios mobles. Hai que ter coidado en calcular ben o despece dos taboleiros e tamén na estabilidade da estrutura, pero cun pouco de imaxinación e unhas ferramentas pódese crear unha estantería moi orixinal. Teño que poñerme antes de que remate o verán. Por se alguén máis está con iso, aquí van algunhas ideas atopadas na rede:
As estanterías modulares válenche para adaptalas a diferentes espazos. Parecéronme moi orixinais estas con módulos que se entrelazan para formar diversas configuracións, inspiradas no tetris ou que desafían a gravidade.
Tamén podemos aproveitar as estanterías para agochar mobles dentro delas, como se pode ver nestas fotos:
Tamén son interesantes algunhas feitas con diferentes materiais, como esta estantería metálica extensible, unha feita cunha goma elástica, ou a feita con divertidos ladrillos de cores.
E que vos parece esta en forma de ecuación matemática? E a que se pode enrolar?
Bueno, eu quédome coa estantería que agocha unha mesa no interior, que sempre pode ser útil para subir á parte alta ou utilizala como moble supletorio. O que non me convence é iso dos estantes inclinados.
Para estantería chula esta de mármore, pero creo que está deseñada para non meterlle nada dentro, que é como queda bonita, e para iso hai que ter unha casa grande con moita parede, que non é o caso.