ArtFutura en Vigo

artfutura08.jpgDende hoxe 23 de outubro e até o 16 de novembro terá lugar no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o programa audiovisual da XIX edición de ArtFutura, que inclúe máis de oito horas de imaxes de alto impacto coas últimas achegas do campo da cultura dixital, os videoxogos e os efectos especiais.

Podemos ver, entre outros, un documental sobre a exposición Máquinas e Almas, o documental Das Netz de Lutz Dammbeck, un especial sobre a escola francesa Supinfocom e unha retrospectiva de Satoshi Tamioka, recoñecido autor xaponés de animación dixital.

Podes descargar aquí o programa en pdf


1 comentario en “ArtFutura en Vigo”

  1. Caramba… en xeral non me agrada o arte contemporáneo, pero en esta exposición sí que hai unhas cantas cousas que me interesan. Terei que pasarme un par de días, por que non sei se me dará tempo en un só a ver todo XD

    Responder

Deixa un comentario