A xente de Beam Wiki, a través do seu blogue e do seu wiki, amósanos traballos de robótica baseados sobre todo en circuítos analóxicos.
Procuran reducir ao mínimo necesario o número de compoñentes mecánicos e electrónicos, reciclar material e, sempre que sexa posíbel, utilizar enerxía radiante a través de células fotoeléctricas.
Aparte de ser útil para coller ideas para os proxectos da ESO, tamén atopamos curiosidades, como este robot seguidor de luz de 1920 que podes ver na imaxe da dereita.
Paréceme curioso o contol do xiro, que se realiza mediante o movemento dunha terceira roda que fai de timón, que pivota movéndose cara á dereita ou cara á esquerda pola acción dun solenoide que atrae unha peza metálica. Podes ver aquí o esquema eléctrico.
(Fonte: Make)