ProyecTESO é un recurso en flash realizado por dous profesores de Tecnoloxía do IES Fr. Martín Sarmiento, de Pontevedra, que conseguiu o terceiro premio na convocatoria de Premios a materiais educativos curriculares do Ministerio de Educación no ano 2006.
No material podemos atopar catro tipos de actividades: pneumática, electricidade, electrónica e proxecto.
Nos tres primeiros preséntanse unha serie de actividades interactivas predefinidas, e no apartado de proxecto atopamos unha serie de simuladores que se poden utilizar para deseñar circuítos pneumáticos, de instalacións en vivendas, automatismos eléctricos e circuítos lóxicos, sendo posíbel imprimir os deseños realizados.