Sinal de reloxo cun relé

rele_clock.gifEste é un circuíto sinxelo cun relé que pódenos servir como indicador intermitente, ou como sinal de reloxo.

O funcionamento é moi simple: Cando o relé está apagado, acéndese automaticamente, xa que o contacto normalmente pechado (posición inicial) está conectado a un dos contactos da bobina, polo que aliméntase o relé. Unha vez aceso deixa de alimentarse a bobina, polo que se desconecta e o ciclo comeza de novo.

É unha maneira moi pouco ortodoxa de montar un circuíto intermitente ou un reloxo para circuítos dixitais, pero pareceume curioso polo sinxelo que resulta.

Entre os seu inconvenientes temos:

  • O período depende do modelo de relé e do fabricante, polo que non é posíbel predecir a frecuencia de conmutación.
  • Tampouco sabemos que porcentaxe do sinal está en 0 e cal en 1. Os períodos nos niveis alto e baixo non teñen por que ser iguais, e isto tamén dependerá do relé.
  • O “tictictictictic” da conmutación pode rompernos a cabeza.

Así que non é máis ca unha curiosidade.

Anque resulte máis lioso de montar, para lograr a intermitencia, funciona mellor se o facemos co temporizador 555 en funcionamento astable, máis que nada porque podemos controlar a frecuencia e os tempos.


2 comentarios en “Sinal de reloxo cun relé”

  1. Para poder variar la velocidad de activación del rele se puede hacer los siguiente:

    Ponéis una capacidad con un condensador electrolítico en paralelo con la bobina del rele, de cuanto pues se puede empezar por unos 100micro Faradios y se puede llegar hasta los 1000mF, puede ser de 16 o de 25V de tensión máxima admitida.

    El condensador electrolítico tiene polaridad, con lo cual hay que conectar el positivo al lado de la bobina del rele que se conecte el positivo y el negativo a tierra.

    Para aumentar el tiempo hay que poner una resistencia en serie con el contacto que da la alimentación en este caso el de arriba de vuestro esquema.

    Cual es el valor de la resistencia, pues podéis empezar por unos 50Ω o 100Ω y podéis ir subiendo, si aumentáis mucho el valor el rele no se activara por falta de energía o tardara mucho, también se puede utilizar un potenciometro que admita la corriente nominal de la bobina del rele.

    La carga de un condensador no es lineal sino que sigue una curva.

    Os pongo un enlace donde se explica todo el proceso.

    http://www.electronicafacil.net/tutoriales/Carga-descarga-condensador.php

    Con el 555 se hace tambien bien y en realidad utiliza el mismo funcionamiento de la carga
    RC pero con unos operacionales para dispararlo a una determinada tensión de carga, aunque se puede empezar a jugar con el rele y después hacerlo con el 555.

    Espero que os resulte útil la información.

    Saludos.

    Juan

    Responder
  2. OK, Juan. O circuíto sería este:
    rele_clocka.gif

    Para estudiar o proceso de carga e descarga dun condensador utilizo estas prácticas
    practicas_condensadores.pdf
    E tamén un circuíto cun transistor:
    trans_circ13.gif

    Pero vou probar tamén este circuíto co relé.
    Ten a limitación de que non nos permite variar moito a resistencia, xa que se a aumentamos demasiado non se activa o relé, pero pode ser unha práctica interesante.
    De tódolos xeitos, para os proxectos máis “serios” quédome co 555.

    Responder

Deixa una resposta a María L Cancelar a resposta