Xilófono controlado por ordenador

No blogue “Quiero ser como McGyver” atopamos as instrucións necesarias para construír un xilófono controlado por ordenador.

xilofono.jpg

Presentación: Robot que toca o xilófono
Parte 1: Idea xeral
Parte 2: O circuíto
Parte 3: A montaxe
Parte 4: Programación e interfaz


6 comentarios en “Xilófono controlado por ordenador”

  1. Paréceme estupendo que me enlaces no teu blog (Síntoo, pero iso de blogue paréceme unha esaxeración, en todo caso utilizaría bitácora)
    A curiosidade por saber cómo funcionan as cousas estase a perder pouco a pouco, e iniciativas como esta axudan a que a xente aprenda cómo funciona o mundo que os rodea.

    Se alguén está interesado no robot xilófono, aínda o teño por aquí collendo pó, e non teño ningún problema en contestar dúbidas sobre él, ou aceptar suxerencias.

    Para os que sexades de Coruña, non esquezades pasarvos polo día da ciencia na rúa o ano que ven (Teño que investigar para saber se hai algo parecido en Vigo, que agora quédame máis cerca)

    Responder
  2. Ola Iván. Unha pregunta, canto che valeu a tarxeta que utilizaches para o control?
    O que non me convence demasiado é a unión entre os motores e as baquetas, mediante cola termofusible. Non acaban despegándose co movemento?

    Ando pensando para 4º de ESO que me fagan algo que funcione mediante control por ordenador. Ata a segunda avaliación non empezaremos cos proxectos. Se algún grupo se anima cun xilófono xa recurrirei a ti.

    En canto ao de blog ou “blogue”, pregúntalle á xente de filoloxía. Ese non é o meu campo, e se din que é así pois son obediente e fágolles caso ;-)

    Responder
  3. A respecto do termo, aínda non está fixado por parte das entidades ás que lles corresponde ese labor e, daquela, temos que ser os usuarios quen “decidamos”. Na variante portuguesa tamén se atopa a dobre solución: reprodución do termo inglés ou adaptación fonética (a tendencia natural da nosa lingua nestes casos). En español só se pode adaptar lexicamente (bitácora), e parece que a cousa non está a ter éxito.
    Unha pequena cala na rede mostra o seguinte. O ámbito do compromiso explícito coa lingua parece que o ten claro: http://bloguespolalingua.blogaliza.org/ . No Corpus do CLUVI obsérvase unha preferencia por blogue e bitácora (http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=blog+&logalizaL2=&direccionconsulta=en-gl-logaliza ). En cambio, o glosario da eAdministración inclúe só blog e bitácora (http://www.ocegobservatorio.eu/files/OCEG%20Glosario%20da%20eAdministracion.pdf )
    Blogaliza, un dos espazos galegos de referencia, emprega blogue, mais unha procura interna tira máis resultados de blog ca de blogue. A Blogoteca utiliza blog.
    Cadaquén…

    Responder
  4. Grazas Xano. Ou sexa, que cadaquén use o termo que máis lle guste.
    A min o que menos me gusta é o de bitácora. Incluso gústame máis weblog ca blog ou blogue, pero xa non se usa.

    E paréceme ben que sexamos os usuarios e usuarias quen decidamos, ou polo menos que as entidades competentes escoiten á xente, pois moitas veces non teñen moito éxito nas súas decisións. Está o exemplo de bitácora, e tamén o de cederrón, admitido pola rae. Coñecedes a alguén que diga “cederrón”? Xa postos a admitir palabras novas que admitirán “cedé”, pero cederrón … :-(

    Bueno, o do vocabulario técnico dá para un longo debate. Todo, ou case todo, vén do inglés e cambia moi rapidamente. Están preparadas as reais academias das linguas para adaptarse a acelerada importación de terminoloxía tecnolóxica?

    Responder
  5. Eu pola miña parte seguirei utilizando blog, que é a palabra coa que me sinto máis cómodo XD

    As baquetas non só están pegadas con cola termofusible, ademáis teñen un buraco no que vai introducido o eixo do motor, a cola foi para darlle máis “seguridade” dentro do chapuceiro que foi todo o montaxe. Podo dicir que excepto unha das baquetas, que se soltou tres o catro veces durante o día da exposición, o resto aguantaron perfectamente.

    A tarxeta para o control en realidade son dúas tarxetas (cada unha con 4 cirtuitos, para te-los oito que fan falla para manexar un byte de información) Cada unha das tarxetas custou sobre os 30 Euros… O trebello, en total, con motores, xilófono, cableado e demais debeu de rondar os 100 Euros.
    Podería reducirse o custe das tarxetas a metade fabricando un circuito máis sinxelo, pero con unha funcionalidade moi parecida, pero como era un proxecto da universidade, non tiña que pagalo eu, e tiñamos presa por acabalo, fabricouse coa circuitería cara.
    Teño que informarme de canto custa unha cousa parecida, pero que funcione por USB, que iso do porto paralelo xa vai moi anticuado.

    Se algún grupo fai algo similar, estarei encantado de botar unha man (E ademais se é na zona de Vigo, poderei ir logo a ver qué tal quedou XD)

    Responder

Deixa un comentario