Non é necesario usar ningún programa para poder capturar o contido da pantalla do teu ordenador, simplemente tes que premer a tecla de “Impr Pant” (Imprimir pantalla) e despois pegar o contido capturado en calquera programa de edición gráfica. Logo podes recortar a imaxe para seleccionar só o que necesites.
Se o que desexamos é capturar unha soa fiestra das que están abertas debemos premer a tecla “Alt” e despois “Impr Pant” e seguir o mesmo proceso anterior.
O de pulsar alt non o coñecía. Apúntoo para cando me faga falta. ^__^