4 comentarios en “Casa de máquinas”

  1. O programa é un programa infantil, no que explican cousas moi interesantes, coma por exemplo, que hai cousas que teñen unha forma especial que é a que mais se axusta a súa función, e cómo estas formas están inspiradas moitas veces na propia natureza (Por exemplo, explicaron a forma do tren bala xaponés en comparación con unha ave pescadora, que se sumerxe no auga). Ademáis teñen outras seccións do programa coma o mando a distancia para papás (e avós), os debuxos dos dez paliños ou a marcha do algoritmo. O que pasa e que a sección con máis éxito é sen duda a das máquinas de Rube Goldberg.
    O programa é moi coñecido en xapón, e os nenos fan as suas propias máquinas e mandan os videos. Un dos capítulos que conseguín baixarme é un recopilatorio de videos mandados por nenos.

    A verdade e que é un programa educativo moi bo…. unha pena que o máis parecido que teñamos aquí sexa El Hormiguero, que está moi ben, pero os experimentos explícanos fatal, e os “efecto mariposa” son unha burda copia dos de este programa xaponés.

    Responder
  2. Os experimentos de “El Hormiguero” gústanlles moito aos rapaces e rapazas de secundaria, e é unha pena que non os expliquen mellor, aínda que me conformaría con que non os explicasen mal, pois a veces escápanselles tremendas barbaridades incoherentes.

    Responder

Deixa un comentario