Cut List é un programa gratuíto que nos axuda a aproveitar ao máximo un taboleiro. Hai que introducir as dimensións das pezas que se necesitan para a construción do proxecto e a anchura da folla de serra, e o programa indica como debes realizar o corte.
Permite tamén indicar a cantidade máxima de resíduos a xerar ou o sentido do corte.
(Vía: Make)