Chega o Nadal e, anque hoxe en día lévase máis enviar un SMS para desexar un estupendo aninovo, non está de máis utilizar o método postal tradicional para enviar unha tarxeta, anque propoño que non sexa mercada, senón de fabricación propia e … con movemento!
En thingiverse podemos atopar interesantes modelos mecánicos que podemos aproveitar para deseñar as nosas tarxetas de felicitación.
Tarxeta de engrenaxes rectas:
Ao mover a roda dentada de fóra vai aparecendo unha mensaxe. (Instrucións. Plantilla-zip)
Tarxeta de engrenaxes planetarias:
Conséguese unha orixinal tarxeta mecánica. (Instrucións. Plantilla-zip)
Tarxeta con engrenaxes cadradas:
Aproveita este modelo para fabricar unha tarxeta mecánica. (Instrucións. Plantilla-zip)
Aquí tes un vídeo no que se poden observar en movemento:
[Things – Adam Mayer Digitally Designed Geared Business Cards
from Bre Pettis on Vimeo.]
Encántanme as tarxetas de visita con engranaxes. En canto teña un rato vou facer unha eu mesmo, que teñen pinta de ser moi divertidas.
Sen embargo, parecenme moito máis apropiadas para estas datas as tarxetas Pop-up:
http://www.metacafe.com/watch/938975/how_to_make_a_pop_up_card_angel_pop_up_card/
Aqui tedes uns cantos exemplos máis do que se pode facer:
http://www.robertsabuda.com/popmakesimple.asp
Pois cando pensei en escribir a entrada o que busquei foron pop-ups, pero atopeime con estas tarxetas de engrenaxes e parecéronme máis orixinais.
Eu creo que son perfectamente axeitadas para estas datas facendo certos cambios no deseño. Decóranse con purpurina brillante e xa lle damos o toque hortera das festas ;-)
Bueno, aquí vai un vídeo de pop-ups que me gusta moito: