Este experimento de “Flipi” pódese facer facilmente na casa.
Podedes comprobar como a pequenísima corrente eléctrica que atravesa o corpo humano é capaz de facer soar un altofalante.
Xa fixemos en clase de 4º de ESO unha cadea humana para facer acender un led e que soara un zoador utilizando un circuíto amplificador con transistores, así que isto non vos sorprenderá.
Se facedes este experimento na casa tede coidado de usar o cable de audio, o que vai ata os altofalantes, e nunca o cable de alimentación eléctrica.
E tamén podedes escoller mellor música para facer a proba ;-)
Ese experimento encántame, o malo é que hai que ter os cables do altofalante pelados, e normalmente non é plan.
Pero mira ti por onde, fai uns meses atopamos nunha tenda Casa unha pa de pastel de cumpreanos, que ó collela, toca a canción de cumpreanos feliz.
E resulta que o sistema é exactamente ese. A pa ten un trebello no mango, composto por dúas pezas de metal separadas por unha de plástico. É coma un tubo metálico con unha banda plástica fina no medio.
O porse en contacto as dúas partes metálica, toca a música. A cousa é que funciona como o dos altofalantes, pasando electricidade pola pel, así que serve para face-lo mesmo experimento, pero sen pela-los cables da minicadena.
O máis divertido é dicirlle a alguén “Colle por ahí” e logo tocarlle o nariz. ^___^
Tamén é divertido facer cadeas de persoas (Fixemos unha de oito persoas).
Tes razón, se tes unha minicadena non é cuestión de cortar o cable. Eu teño cables pelados, e como me sobraba algún metro non me importou cortar un anaco para facer o experimento.
Xa me achegarei por Casa a mirar o trebello ese da tarta. Teño curiosidade.