Concurso de cartaces de apetega

apetegaA Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) convoca o concurso para o deseño do cartel anunciador das IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato dos centros educativos de Galicia.

As xornadas este ano serán os días 24 e 25 de abril no IES Otero Pedrayo de Ourense, e o premio será material electrónico/informático valorado en 150€.
Pódense consultar aquí as bases do concurso.

É unha oportinidade para practicar con programas de deseño gráfico e esmerarse para conseguir o premio.

O noso compañeiro Antonio, do IES Mendiño de Redondela ten publicados no seu blogue algúns videotitoriais de GIMP. (web da aplicación)
Pódense consultar nesta ligazón.

E o noso compañeiro Tucho ofrécenos tamén no seu blogue uns titoriais de InkScape. (web da aplicación). Pódense consultar nesta ligazón

Debedes utilizar imaxes libres ou con licenza creative commons para o deseño do cartaz. Hai un tempo publiquei un post no que ofrecía enderezos de bancos de imaxes que vos poden ser útiles para realizar este traballo.

Sorte no concurso!


4 comentarios en “Concurso de cartaces de apetega”

  1. O inkscape é outra opción. Dá igual facelo cunha ferramenta ou con outra.
    Eu aproveitei esta convocatoria o curso pasado para que practicasen con GIMP. Máis que nada, a partir de imaxes collidas da rede, traballaron con recortes e capas, e logo colocar o texto, formando distintas composicións e efectos. Ningún cartaz dos que fixeron gañou o concurso, pero algo aprenderon. O Inskcape useino tamén o curso pasado, pero para outra actividade.

    A idea é aproveitar esta convocatoria para aprender algo de deseño gráfico, coa ferramenta que se considere oportuna.

    Xa que falas de inkscape, nesta páxina hai algúns titoriais, entre eles como debuxar engrenaxes.

    Responder

Deixa una resposta a eu Cancelar a resposta