Electricidade con bostas de vaca

En Galiza habitan máis vacas que persoas, unha cantidade suficientemente grande como para que nas granxas se poidan xerar anualmente toneladas e toneladas de excrementos. Sabías que eses excrementos pódense aproveitar para xerar electricidade e para producir fertilizante?

Isto pódese facer cunha planta de biogás, que utiliza o metano producido na fermentación dos excrementos nun biodixestor para alimentar un xerador diésel, que é o encargado de producir electricidade.
Os líquidos resultantes do proceso convértense en fertilizantes.

Biodigestor.JPG

Un biodixestor é un contenedor hermeticamente pechado no que se deposita o material orgánico que se fai fermentar con certa cantidade de auga, producindo unha mestura de gases con alta concentración de metano, tamén chamado biogás.

biodigestor2.jpg

O biogás producido serve de combustible para a xeración de electricidade a partir dun xerador diésel, ou pódese aproveitar tamén para os sistemas de calefacción.

Aquí hai unha infografía do funcionamento:
How does a biogas plant work?


1 comentario en “Electricidade con bostas de vaca”

  1. O sistema este xa o vira eu utilizar ós chineses nun documental destes que botan pola tele, e xa me pareceu moi interesante daquela.

    Ao mellor se estivese máis extendido o sistema non había tantos problemas cos cortes eléctricos destes últimos días.

    Responder

Deixa un comentario