Realidade aumentada

A realidade aumentada consiste nun conxunto de dispositivos que engaden información virtual á información física xa existente. Esta é a principal diferenza coa realidade virtual, posto que non substitúe a realidade física, senón que sobreimprime os datos informáticos ao mundo real.

Podes ver un exemplo neste vídeo:

Papervision – Augmented Reality (extended) from Boffswana on Vimeo.

Grazas a Cuarto Derecha atopei unha serie de ligazóns nas que conseguir escenas de realidade aumentada en flash, sen instalar nada no ordenador. Só necesitamos unha cámara web, imprimir unha plantilla e activar a aplicación.

Estiven facendo unhas probas. Aquí van as capturas de pantalla:

En boffswana. (Imprimir plantilla)
realidade1.jpg

En strafwerk. (Imprimir plantilla)
realidade2.jpg

En michaellanding. (imprimir plantilla)
realidade3.jpg

Tamén podemos utilizar aplicacións descargables para crear escenas de realidade aumentada no escritorio. Un exemplo é BuildAR.
realidade4.jpg

Máis anotacións sobre realidade aumentada


8 comentarios en “Realidade aumentada”

  1. Este tipo de realidade aumentada xa a coñecía, e a verdade e que é moi interesante. Espero que en pouco tempo empecen a incorporar os coches estos sistemas no parabrisas dianteiro, superpoñendo ó que vemos, cousas como señais, direccións, ou información do tempo, do tráfico, ou dos coches dos arredores.

    A ver se termino cos experimentos que estou facendo coa miña webcam, volvo a montala, e probo isto, que parece moi divertido, e con moitas posibilidades.

    Había un xogo que utilizaba a mesma tecnoloxía (webcam e debuxos xeométricos impresos) para facer un puzzle de inxenio moi interesante.
    http://julianoliver.com/levelhead

    A idea é inclinar os cubos para que o boneco ande cara un lado ou outro, e ir pasando tódalas habitacións.

    Responder
  2. Hola levo dias intentando incluir a realidade aumentada para o comezo dun video en affter effect pero non dou coseguido unha solución gustariame que si podesaxudarme a dar coa solución. bueno douche as grazas tamen por estas lugazóns.un saudo. Maria

    Responder

Deixa un comentario