A serie de debuxos animados Futurama está chea de referencias á historia da tecnoloxía.
Por exemplo, no episodio “Fry e a Fábrica de Slurm”, pode verse coa lanterna de raios F do Profesor Farnsworth que o cerebro de Bender é un MOS 6502, que foi un microprocesador de 8 bits deseñado por MOS Technology en 1975.
Hai moitos máis exemplos, e o primeiro témolo na música de cabeceira da serie, que é un remake en homenaxe a Pierre Henry, un dos primeiros creadores de música con sintetizadores, alá por 1967.
Esta é a canción que orixinou a música de futurama, nun vídeo onde os compoñentes electrónicos cobran vida. Saberías identificalos?: (visto en blog.engeneral.net)
E aquí está a música que escoitamos na serie:
Podes ver aquí máis anotacións relacionadas coa serie futurama.
A los más viejos del lugar, tal vez les interese saber que la música de Pierre Henri, la usó como sintonía José María Iñigo creo que en su programa “Estudio Abierto” en los años 70.
Grazas pola información, Muxfin.
Que presentación máis cutre! Non?