Enerxía Undimotriz

En días de temporal resulta impresionante ver as ondas do mar, capaces de levantarse a metros de altura e levar por diante todo o que se atopen no seu camiño. Non poderiamos aproveitar toda esa desbordante enerxía para producir electricidade?

A enerxía producida polo movemento das ondas chámase enerxía undimotriz, e algúns países da Unión Europea xa están a desenvolver tecnoloxías que permitan aproveitala e transformala en enerxía eléctrica.

Nesta infografía de consumer.es podemos ver como se pode aproveitar a enerxía das ondas:

Clica aquí para ver a infografía en pantalla completa

A costa galega, que con tódalas súas reviravoltas ten 1.659 km de extensión, aínda non conta con estes sistemas de xeración de enerxía eléctrica, pero nun futuro próximo chegaremos a velos, pois xa se están a dar os primeiros pasos: Wavecat, da USC.


2 comentarios en “Enerxía Undimotriz”

  1. Dálle tempo. Imaxino que nuns anos empezarán a instalarse nas costas galegas, pero todo depende do interese e da inversión que se faga.
    O que me gustaría é que a instalación de enerxías limpas no noso país serva para substituír as centrais térmicas, e non como complemento a elas. A iso non sei se chegaremos.

    Responder

Deixa un comentario