Obradoiro Enxeño

Cun pouco de retraso, aquí están as fotos e vídeos do alumnado de 2º de ESO participando no obradoiro de robótica “Enxeño” na ETSE de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

Vídeo:


(Se queredes unha copia en maior resolución pedídema)

Galería de fotos en Flickr:


3 comentarios en “Obradoiro Enxeño”

  1. Que divertidos son os Mindstorms de Lego. No Día ca Ciencia na Rúa de Coruña tamén traballamos con un no stand da facultade de informática.
    Montamos un robot normaliño que seguía unha liña pola mañán, e pola tarde, montamo-lo escorpión, que ainda que non fai tanto uso dos sensores e ten un programa máis sinxelo, foi moito mais entretido para que o visen os nenos pequenos. Era moi divertido ver os nenos dicíndolle os pais e os avós que meteran a man para que lles picase. Pasámonolo pipa ^__^

    É unha pena que sexan un pouco caros para compralos e xogar con eles na casa…. ainda que unha PS3 costa máis, e a xente cómpraa igual….

    Responder
  2. Iván / 02/02/09, 9:42:
    É unha pena que sexan un pouco caros para compralos e xogar con eles na casa…. ainda que unha PS3 costa máis, e a xente cómpraa igual….

    O único problema é o prezo, porque polo demáis paréceme un material boísimo para introducir a robótica e a programación en secundaria de xeito moi ameno e eficaz. Sen necesidade de picar código pódense traballar as estruturas básicas de programación de forma moi sinxela, e con resultados inmediatos. Eu estou encantada con este material. Témolo grazas a un proxecto que presentamos ao MEC, que nos permitiu comprar equipos de Lego, que se é polo presuposto do departamento sería imposible.

    Responder

Deixa una resposta a María L Cancelar a resposta