Acabo de atopar en youtube este simpático minibot. Aliméntase por USB, anque tamén se poderían utilizar pilas ou conectalo a unha fonte de alimentación.
Aquí están as instrucións:
Fixádevos no vídeo:
1. Hai compoñentes electrónicos cuxa función neste minibot é unicamente decorativa. Cales son?
2. Cal sería o esquema electrónico do circuíto?
3. Qué tensión temos ao conectar o cable USB? Por que usamos só os cables vermello e negro do cable USB?
Recollendo unha mensaxe miña anterior, hoxe aínda dá máis gusto pasar por aquí con calma e apuntar ben.
Unha aperta.