Waybe é un plugin que permite construír un recortable ou maqueta en papel do noso modelo 3D creado con Sketchup.
A partir dun modelo tridimensional debuxado con Sketchup, Waybe crea planos coas caras, aristas e pestanas, para logo só ter que recortar, dobrar, e poñer cola.
(Vía: blog.is-arquitectura.es)
Hai algún tempo topeime con un par de programas que facían isto mesmo, cunha ampla comunidade, na sua maioría xaponesa.
Era ideal para atopar modelos de figuriñas de debuxos animados ou de xogos de consola.
Pepakura Designer: http://www.tamasoft.co.jp/pepakura-en/
E tamén este outro, que serve para deseñar pop-ups: http://www.tamasoft.co.jp/craft/popupcard-pro_en/
Pero sempre é un punto a favor poder usar modelos de SketchUp, e non ter que lidiar cos foros en xaponés.
Tamén hai uns modelos de papel chulos da guerra das galaxias en
http://www7a.biglobe.ne.jp/~sf-papercraft/Gallery/Gallery.html
Pero parécenme máis interesantes os plugins para SketchUp, pois podes traballar cos teus propios modelos. Todo un descubrimento.