O espectro electromagnético segundo Cuarto Milenio

Se vedes Cuarto Milenio non vos creades nada do que alí se di.

Son múltiples e variadas as estupideces que contan, pero hoxe leveime as mans á cabeza. Mirade este vídeo:

youtube:Espectro electromagnético segundo Cuarto Milenio

Así que as ondas sonoras (mecánicas) son ondas electromagnéticas!!!

Vaia! Non sei entón cómo podo explicar na ESO o funcionamento dun micrófono, un altofalante, o sensor ultrasónico que usan os robots de Lego cos que traballamos, o Bluetooth, a radio, a telefonía móbil, e un longo etcétera. Tremenda burrada!

En fin, tedes unha crítica moi boa en wisphysics. Recoméndovos a lectura (ou pode que a poña obrigatoria en clase)

Segundo un reciente estudio sobre Percepción social da Ciencia e da Tecnoloxía, a fonte de información que se cita maioritariamente é a televisión (82,3%). Preocúpame ese dato, pois se a fonte principal de información son programas como o de Cuarto Milenio creo que é mellor que a xente non se informe :-(


9 comentarios en “O espectro electromagnético segundo Cuarto Milenio”

  1. Soy de Ponferrada y me defiendo más o menos en galego, pero no como para escribirlo, así que mejor lo hago en castellano :)

    Muchas gracias por hacerte eco de la enorme metedura de pata que tuvieron en Cuarto Milenio para hacer ver a la gente que lo que allí se dice carece de ninguna lógica. Si el 82,3% de la gente tiene como fuente de información principal la televisión y ven estos programas no se a dónde podríamos llegar… Y por cierto, gracias también por recomendar la lectura de mi artículo.

    Saludos ;)

    Responder
  2. Juan, estes programas non teñen nada de interesante. Bueno, atopar xoias coma esta do son metido no espectro electromagnético non ten prezo.
    O alucinante é que se nun programa da tele alguén comete un erro sobre literatura, historia, arte, etc. enseguida saen mil expertos criticando o fallo. Sen embargo cando se din barbaridades científicas coma esta ninguén se escandaliza, asúmese a ignorancia científica e tecnolóxica como algo normal. É triste.

    Responder
  3. Y por debajo de los ultravioletas están las olas del mar, que también son ondas importantes y no sé por qué no las mencionan…. menuda gente….

    Ya nadie escucha la radio, e internet es según la gente de la SGAE para piratear música y videos, y según otra gente, para piratear, y para porno. Ya nadie lee, así que de las bibliotecas no se saca gran cosa, y la educación en las escuelas parece que tiene cada vez menos nivel gracias en parte a tanto cambio de plan de estudios impulsados por políticos que parecen no haber estudiado en su vida.
    Con este panorama es normal que la gran mayoría de la gente tenga como fuente de información la televisión.

    Y bueno, teniendo en cuenta la poca cantidad de programas “educativos” o de caracter científico que hay…. El Hormiguero, donde el científico es un manazas que parece tonto, y la ciencia es eso mal expicado que explota (a veces); Redes, que habla de temas demasiado complejos como para plantearse poner a un niño a verla, además de que la echan a las tantas de la mañana; y Tres 14, que no está mal, pero en mi opinión se parece demasiado a un documental.

    Yo quiero que vuelva El Mundo de Beakman, que explicaba de modo fácil y ameno por qué lava el jabón, cómo funciona el motor de un coche, o por qué huelen los pies.
    http://www.youtube.com/watch?v=pQJ2P_QOvz0

    Responder
  4. Hola a todos,

    pois moitas gracias pola información. A verdade é que eu son unha deses ingnorantes dos que falabades porque aínda que vira o programa non me decataría do erro. Por increíble que vos pareza, recibín educación superior (carreira de letras, obviamente), pero os meus coñecementos científicos son case nulos. Tentade entendelo. Cando eu vexo algunhas faltas de ortografía, ou fragmentos mal redactados fico abraiada (especialmente cando as cometen titulados superiores), por eso entendo a vosa sorpresa ante esta ignorancia.
    En embargo, e aínda que a miña paixón sexan as letras, tamén me interesa a ciencia; por eso vos agradezo moito estas correccións. Ogallá os programas de televisión contasen con asesores para falar de determinados temas!

    Responder
  5. Pois iso, Paula. É tan grave escribir mal como descoñecer cuestións científicas e tecnolóxicas básicas. Pero a realidade é que unha inmensa maioría da poboación, de tódolos niveis culturais, ten un descoñecemento sobre a ciencia e a tecnoloxía alarmante, e o que me parce máis grave, que polo que dis non é o teu caso, é que moita xente presuma diso, ou non lle importe. Non sucede o mesmo co ámbito das linguas, das artes ou das ciencias sociais.

    Responder

Deixa una resposta a paula Cancelar a resposta