Richard M. Stallman, un dos principais referentes no mundo do software libre, estará en Vigo o vindeiro 30 de abril ás 16:00 no Auditorio do Centro Cultural Caixanova para impartir dous relatorios, un sobre o movemento do Software Libre e outro sobre o perigo das patentes.
Este evento organizado polo Máster de Software Libre Caixanova é de entrada libre, aínda que as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse a través dun formulario web.
(Vía: Código Cero)
Actualización:
Estará tamén en Ourense o 29 de Abril de 2009, ás 20:30 no Ateneo (Parque de San Lázaro)
Menudo elemento o Stallman este. A verdade e que foron unhas conferencias moi interesantes e entretidas. E sen necesidade de ter gran idea de informática (ainda que saber qué e un bucle FOR ou unha sentencia IF axuda a colle-los chistes).
Un discurso moi interesante para calquera interesado no software libre…. e tamén para calquera que non esté interesado.
¡Liberádevos camaradas!, da tiranía opresora do software privativo, e non volvades a dicir que tedes un Sistema Operativo Linux…. dicide mellor que tedes un Sistema Operativo GNU con Linux.
Eu ao final non puiden asistir, e tiña ganas de escoitalo en directo. Xusto concidiu na ponte e marchei de viaxe. Outra vez será.