Xornadas de Robótica Baiona-Velilla

Os vindeiros luns 27 e martes 28 de abril acolleremos no IES Primeiro de Marzo de Baiona ao alumnado do IES Ana María Matute, de Velilla de San Antonio (Madrid), que participará, xunto co alumnado de tecnoloxía de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, nunhas xornadas intensivas de robótica como preparación para a competición de Robocampeones o vindeiro 22 de maio en Madrid.

pista_robotica09.jpgDesexámoslles unha boa viaxe, e unha mellor estancia na Vila de Baiona.

A competición consiste en construír e programar un robot capaz de desprazarse nun recinto que simula unha situación de desastre, localizando vítimas tendidas no chan.

Na primeira parte do percorrido a traxectoria guiarase por unha liña negra na que se atopan as vítimas, pero o robot atoparase con tres escombros (latas) que terá que sortear.

Na segunda parte do percorrido non haberá liña que faga de guía, senón que será unha habitación delimitada por unha liña negra na que o robot terá que facer o posíbel por atopar vítimas e saír dela.

Podes descargar aquí o regulamento da competición que estamos a preparar.


3 comentarios en “Xornadas de Robótica Baiona-Velilla”

Deixa un comentario