A flota de robots do IES Primeiro de Marzo (Baiona) arrasou no campionato Robocampeones09 en Móstoles (Madrid)
Parabéns aos rapaces e rapazas de Baiona responsables do seu deseño e programación, ao resto de equipos que participaron na competición e que recibiron os seus merecidos premios, e tamén aos equipos que quedaron sen ser finalistas, pero que traballaron coma os mellores.
Foto conxunta dos institutos premiados: (clica aquí para ampliar)
Campións na proba libre: O equipo baionés “Roboparking“.
Un aparcamento robotizado de catro prazas, capaz de contar os coches que entran e saen, pechar a barreira cando está cheo, e amosar nun cartel se está libre ou ocupado.
(Actualización: Podes ver aquí o vídeo co funcionamento)
Na foto están Sandra e Ãngela, as representantes en Madrid. Parabéns tamén a Iago e a Javier que, anque quedaron en Baiona, traballaron estupendamente no deseño, construción e programación do roboparkin. Por suposto, o premio é para o equipo completo.
Na proba de rescate quedou subcampión o equipo “Xen“. Felicidades a Jessica e a Daniel polo seu magnífico traballo.
O equipo “Chandebrito” de 4º de ESO clasificouse como finalista, pero unha descolocación do sensor ultrasónico no último momento antes de competir na final fixo que fallase o robot na superación dos obstáculos. Foi unha mala pasada e quedaron oitavos, pero todos vimos como traballaron e o ben que funcionaba o programa que levaba o robot. Brian, Diego, Óscar e Vero tamén son uns camións!
Grazas ao profesorado do IES Ana María Matute de Velilla pola súa acolleita os días previos á competición, especialmente a Jesús e a Ãngel, e tamén ao alumnado de Velilla polo xenial apoio que lles deron aos rapaces e rapazas de Baiona. Unha experiencia inesquecible.
Na foto: Os equipos de Velilla e Baiona antes da competición. (clica aquí para ampliar)
Felicidades aos equipos de Velilla, que tamén obtiveron uns magníficos resultados.
Por último, as grazas e parabéns ao profesorado responsable da organización de Robocampeones09 e ao instituto IES Antonio Nebrija de Móstoles pola magnífica organización do evento.
Os robots de rescate de Velilla e de Baiona:
———-
Actualización 26/05/2009:
Nova publicada no Faro de Vigo: “Enxeñeiros de futuro en Baiona”
¡Parabéns por un traballo de primeira!
Noraboa a tod@s