Fotos das Xornadas de Robótica Baiona-Velilla

Aquí tedes unha mostra fotográfica das Xornadas de Robótica que tiveron lugar a semana pasada no Instituto. (Faltan os vídeos, que se publicarán proximamente)

Foi unha excelente experiencia de convivencia entre o alumnado de Baiona e o de Velilla que veu visitarnos. Parabéns a tódolos rapaces e rapazas polo seu traballo e tempo dedicado. Intentaremos repetir a experiencia outros anos.


Xornadas de robótica Velilla-Baiona from María L on Vimeo.

Agora toca seleccionar aos 8 alumnos e alumnas que asistirán á competición de robocampeones 2009 o 22 de maio. E a ver se hai sorte!

Tamén saímos no xornal:
La Voz de Galicia: “Competición con robots en Baiona
Faro de Vigo: “Xornadas de Robótica e intercambio cun centro de Madrid no IES Primeiro de Marzo

Artigo da Voz de Galicia: 29 de Abril de 2009

Competición con robots en Baiona

Alumnos do IES Primeiro de Marzo e estudantes de Madrid viviron onte unha xornada intensa de adestramento para o campionato estudantil de robótica

Nas carreiras de robots organizadas no Instituto Primeiro de Marzo de Baiona non gañan os máis rápidos, senón os máis intelixentes, aqueles que son capaces de sortear todos os obstáculos do circuíto.

Estudantes de cuarto curso de ESO e de primeiro de Bacharelato encargáronse de montalos e de programalos para que funcionen de xeito autónomo e sexan capaces de ofrecer solucións ante as situacións máis diversas.

Aínda quedan uns días para realizar os últimos axustes nos prototipos. O próximo 22 de maio mediranse con estudantes de todo o país nunha proba robótica que se celebrará en Madrid. Aspirasen ao título bautizado como «Robocampeones 2009».

Formarán parte dunha escuadra conxunta que tamén integran alumnos dun instituto de Cataluña, outro do País Vasco e outro de Madrid. A experiencia tamén lles serve para coñecer a outros novo estudantes e viaxar. O ano pasado acudiron á localidade de Velilla de San Antonio para perfilar os detalles da competición. E nesta ocasión foi un grupo de alumnos do instituto deste municipio madrileño os que se achegaron ata Baiona para compartir uns días de convivencia cos estudantes baioneses e coñecer os lugares máis emblemáticos da vila. Chegaron o pasado domingo e a súa volta a casa está prevista para hoxe mércores.

O programa está organizado polo departamento de Tecnoloxía do Primeiro de Marzo e está coordinado pola profesora María Loureiro para que os mozos experimenten as aplicacións das novas tecnoloxías hoxe en día. O centro de secundaria accedeu a unha axuda do Ministerio de Educación coa que puideron adquirir os robots que agora utilizan os estudantes e cos que queren demostrar que son uns campións.


2 comentarios en “Fotos das Xornadas de Robótica Baiona-Velilla”

Deixa una resposta a Alberto Armada Cancelar a resposta