Traxectoria aleatoria de Roomba

Na última parte do percorrido da proba de rescate que estamos a preparar para Robocampeones09 temos que detectar vítimas nunha habitación que non ten liña negra que guíe ao robot. Unha das posibles estratexias a seguir para resolver o desafío é facer que o robot siga un percorrido aleatorio dentro do recinto na procura das vítimas. roomba.jpg

Un exemplo de robot que fai percorridos non guiados é a aspiradora Roomba da que vos falei en clase. O robot sérvese de algoritmos para abarcar todo o chan durante o proceso de limpeza automática, contando con diferentes sensores que lle permiten evitar obstáculos e desniveis (escaleiras).

Esta é unha imaxe do percorrido que fai Roomba, captada mediante unha fotografía de longa exposición (30 minutos):

roomba
(Visto en tec.nologia.com)

Interesante robotiño que nos axuda nas tarefas domésticas e divirte ás mascotas. A ver se me toca a lotería para mercar un.


1 comentario en “Traxectoria aleatoria de Roomba”

Deixa un comentario