Agora que hai sol, cociña solar e fotosaltóns!

Esta última semana de curso aproveitamos para facer uns miniproxectos que non levan moito tempo nin traballo. Trátase dun fotosaltón e dunha cociña solar na que fixemos chocolate.

As ideas saqueinas do obradoiro de Xavier Diz nas IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, organizadas por APETEGA.

Fotosaltón:

Aquí podedes ver un vídeo do funcionamento do fotosaltón, un vibrobot solar que funciona cun pequeno motor vibratorio e unha placa fotovoltaica. Ao poñerse ao sol o fotosaltón comeza a vibrar.


youtube: fotosaltón

Segundo como coloquemos as patas a dirección do movemento é diferente.

Se queredes construír un podedes dercargar aquí as instrucións.

Cociña solar

Onte puxemos ao sol a cociña solar. Quedounos un pouco xusto o tempo para facer un litro de chocolate, e houbo que recoller antes de tempo, polo que só chegamos a 70ºC. Na seguinte ocasión haberá que reservar polo menos 2 horas.·

Aquí tes as instrucións para montar unha.


2 comentarios en “Agora que hai sol, cociña solar e fotosaltóns!”

  1. No día da ciencia ra rúa de Coruña, nun dos stands tiñan moitas cousas de cociña solar. E entre elas tiñan unha antena parabólica metálica brillante de case dous metros de diámetro, na que fixeron uns espaguetis (nós non chegamos a probalos, pero cando non miraba ninguén puxemos un globo no foco, e tardou como 5 segundos en estourar.

    Sempre é interesante aproveitar unha enerxía que simplemente nos chega, queiramos ou non. Regaleille a miña moza unhas plantiñas (de plástico) que se moven con enerxía solar. Son un adorno estupendo, e póñense contentas cando lles da a luz.

    Estou impaciente por que perfeccionen uns paneis solares novos, que son case transparentes e poderían ir en calquera ventá, e ademais, flexibles, co que se poderían poñer incluso na roupa.

    Responder
  2. Dende logo. Hoxe en día que usamos unha chea de trebellos electrónicos, cada vez máis, deberiamos ir pensando en alimentalos coa enerxía do Sol, que é gratis, non se esgota e non contamina.

    Responder

Deixa una resposta a Iván Cancelar a resposta