Até agora os exemplos de realidade aumentada que fun vendo só permitían a visualización dun modelo no noso escritorio, pero hoxe descubrín unha aplicación para realizar animacións con AR: Living Sasquatch. Neste caso as persoas usuarias actuamos coma guionistas e editoras.
Podes elixir entre 35 animacións diferentes e engadilas a un rexistro de tempo arrastrando e soltando, e pódense engadir “bocadillos” para que o noso feo protagonista se comunique mais alá dos gruñidos.
Unha vez creadas as curtas de animación podes publicalas na galería de livingsasquatch.com ou envialas a quen queiras.
Aquí tes un vídeo no que se amosa a forma de proceder.
Living Sasquatch – Papervision – Augmented Reality from Boffswana on Vimeo.
Anímaste a facer unha animación en Realidade Aumentada?
Vai a Living Sasquatch, imprime a plantilla, conecta a túa cámara web, e a crear!
Se queres a Sasquatch nun tamaño maior, só tes que ampliar a imaxe da plantilla. Mira este vídeo.
( Visto en boffswana.com)
Ver máis anotacións sobre: – Realidade aumentada – Animación
1 comentario en “Living Sasquatch. Animación con realidade aumentada.”
Os comentarios están pechados.