A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA, aprobou na pasada asemblea o seguinte comunicado:
Manifesto en defensa da lingua galega
Como asociación de profesorado, queremos manifestar a nosa preocupación ante a intención do novo goberno de Galicia de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.
Consideramos que a lingua galega forma parte da riqueza e da idiosincrasia do noso país, e como todos sabemos o seu uso está en alarmante retroceso. Dende as institucións educativas debe ser transmitida e apoiada para fomentar o seu uso, buscando unha situación de igualdade real entre as dúas linguas de Galicia.
Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2009
A título particular, considero que utilizar a lingua e a educación como arma política é un feito lamentable e completamente irresponsable. A lingua é cultura e nos centros de ensino trasmitimos ante todo cultura, e iso debe defenderse sempre, con independencia das políticas dun goberno ou dos intentos de censurar información que recordan a épocas pasadas.
O ensino debe estar guiado sempre polo rigor científico e por criterios educativos, e non por intereses políticos que desprezan a cultura e a liberdade de información e de expresión.
Tríptico da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística: “As linguas suman“
Eu como alumno que estiben nun instituto (xa fai anos) no que a maioría de profesores falaban en galego, non podo dicir que me gustará iso, dabame máis ou menos igual. Eu penso que o correcto sería un 40 % castelán, un 40 % galego e outro 20 % en inglés
Pharpe, actualmente o decreto do galego no ensino establece un 50% do ensino en galego, e foi aprobado por unanimidade por tódalas forzas políticas, e cun amplísimo consenso social. Agora a intención parece que é a de reducir o ensino en galego á mínima expresión, rompendo co consenso, con prodecementos que deixan moito que desexar, saltándose o debate social, e guiándose exclusivamente por intereses políticos, non educativos nin culturais. É lamentable o que están a facer.