Esta imaxe téñoa vista en varios sitios de internet xunto a outras que se citan como respostas erróneas e divertidas nos exames.
Sen embargo, para min a resposta é perfectamente válida e correcta. Se o que se pide é achar x, o x está achado na resposta. O alumno ou alumna fixo o que se lle pedía. Se o enunciado fose “calcula o valor de x” a cousa sería diferente.
Creo que hai que ter un especial coidado na forma de realizar as preguntas dos exames. Os enunciados deben ser claros, indicar perfectamente o que se pide e non deben dar lugar a diferentes interpretacións. Iso é responsabilidade do profesorado, e non do alumnado.
Especialmente grave é que este tipo de cousas sucedan en probas como selectividade, oposicións, etc.
Un feito moi común é que se utilicen para os exames problemas publicados en libros, e nese caso sempre deberían revisarse os enunciados, pois estamos sacando os problemas do seu contexto.
Por exemplo, se obtemos o enunciado dun libro de electrónica dixital, no exame habería que revisar o enunciado e indicar que se resolva utilizando portas lóxicas, pois tal vez o problema poda resolverse mediante lóxica cableada, un sistema pneumático, etc. Se non revisamos o enunciado a solución pode ter múltiples interpretacións válidas que non son a que queremos avaliar, pero que non teñen por que ser erróneas.
Hai miles de exemplos de respostas curiosas, atrevidas e alucinantes do alumnado nos exámenes, pero cómpre tamén un pouco de autocrítica por parte do profesorado, que tamén cometemos bastantes erros.
Pues yo le veo mucho morro a la respuesta. El chaval tiene que saber que se le pregunta el valor de x
José Luis, o que quero dicir é que se pedimos rigor ao alumnado nós tamén temos que ser rigorosos. Non?
Recórdame a unha historia moi simpática… destas con mensaxe… http://bepop.com.ar/humor/reflex5.html
Bo exemplo, Iván. Este tamén é vello: O Inferno é endotérmico ou exotérmico?
Sí son contestacións típicas de exames de cando non se sabe, nestes casos eu faría que defenderan a resposta, se a defensa e boa pois habería que darlle a resposta por válida e coidar a redacción a seguinte vez
Nese caso, Pharpe, o enunciado debería indicar “xustifica a túa resposta”.
Pues si, y muy curiosamente ese ejemplo es un clásico de los de “antología del disparate” -del alumnado-, en vez de algo que haga reflexionar al profesorado sobre como formula ciertas cuestiones, y como se “robotiza” con el tiempo en su quehacer.
La autocrítica, la verdad, no es algo que aflore facilmente, y, como educador@s, debiera ser el pan de cada día.