Un dos artistas que se dedican á arte cinética que máis me gusta é Theo Jansen. Tiven a ocasión de ver unha das súas criaturas mecánicas en movemento, e resulta impresionante. Deseña e fabrica esculturas capaces de camiñar utilizando a enerxía do vento, como as que podes ver neste vídeo:
youtube: Theo Jansen – Kinetic Sculptor
“As barreiras entre a arte e a enxeñería existen só na nosa mente” dixo nun coñecido anuncio televisivo. Os seus traballos mesturan arte e tecnoloxía como fan moitos outros artistas contemporáneos.
Entereime vía Make de que en 4volt.com e en thingiverse.com poñen á nosa disposición as instrucións para fafricarnos unha critatura destas, anque movida por dous microservos e un cerebro arduino. Ten licenza Creative Commons.
4volt Jansen Walker Beta 1 from a3o Studios on Vimeo.
Non é algo doado para facer a man, e non todo o mundo ten unha cortadora láser para facer as pezas, pero será cuestión de buscar algún sitio onde nolas corten. Apuntado para as vacacións.