Gústanme estas cadeiras feitas con tubos e cóbados de PVC utilizados en fontanería.
(Ver en slidemypics)
A primeira é idea do deseñador Driss Zeiker, e as mecedoras son obra do grupo de deseño Joon & Jung, que non destacan unicamente polo material utilizado, senón porque co movemento producen un son similar ao do mar.
(Visto en designboom)
Non sei se serán moi cómodas, pero están moi ben feitas, eso sí.
Saudos
Pois non che podo dicir se son cómodas ou non, porque non as probei. Hai cadeiras que teñen unha pinta estupenda e son incomodísimas, e outras con mala pinta sorpréndente. Será cuestión de facerse unha e ver que tal. Estaba pensando en facer un taburete para poñer unha planta enriba. Creo que á planta daralle igual a comodidade.