Tubocadeiras

Gústanme estas cadeiras feitas con tubos e cóbados de PVC utilizados en fontanería.

(Ver en slidemypics)

A primeira é idea do deseñador Driss Zeiker, e as mecedoras son obra do grupo de deseño Joon & Jung, que non destacan unicamente polo material utilizado, senón porque co movemento producen un son similar ao do mar.

(Visto en designboom)


2 comentarios en “Tubocadeiras”

  1. Pois non che podo dicir se son cómodas ou non, porque non as probei. Hai cadeiras que teñen unha pinta estupenda e son incomodísimas, e outras con mala pinta sorpréndente. Será cuestión de facerse unha e ver que tal. Estaba pensando en facer un taburete para poñer unha planta enriba. Creo que á planta daralle igual a comodidade.

    Responder

Deixa una resposta a Juan - Reflexions Pharpianas Cancelar a resposta