Acabo de facer unha solicitude para acoller no insti a exposición “Medindo o Universo” do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, anque non sei se seguirá funcionando este curso.
A exposición conta a historia da metroloxía e dos sistemas de unidades, contando con información válida para distintas áreas: Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Historia…
Os paneis pódense descargar en pdf
En 1º de bacharelato empezamos con exercicios de factores de conversión para coller soltura, e véxovos alucinando coa cantidade de unidades coas que se pode traballar, así que non está de máis coñecer un pouco de historia da metroloxía, cos seus problemas e retos.
Actualización 30/09/2010:
A exposición xa non está subvencionada, así que os centros que desexen expoñela deben asumir os gastos de transporte.