O camiño da innovación

É algo que xa comentei de forma sutil algunha vez neste blogue, como neste post, ou neste: a innovación non é doada, por moitas razóns, é un dos aspectos que se teñen que ter en conta no proceso tecnolóxico é aceptación do produto por parte da sociedade.

Inventos revolucionarios ao longo da historia que fixeron e fan un gran servizo á sociedade atópanse con moitas barreiras que teñen que superar. Unha delas é a conservación de usos, leis, profesións e estruturas antigas que necesariamente téñense que adaptar á nova situación.

Néstor Alonso ilústrao moi ben en Educ@conTIC
guenberg520_gal

Para reflexionar:
Cambia a imprenta por internet. Estamos ante algo que revolucionou a difusión da cultura e das ideas.

Pensa agora nas formas clásicas de difusión do coñecemento a través de libros de texto, revistas en papel, música, cine, xornais, … Internet débese adaptar á industria que os sustenta? ou dita industria debe adaptarse ás novas formas de comunicación que nos ofrece a rede? Como tería que ser esa adaptación? Como ves o futuro dos medios?

En 1º de bacharelato podemos falar sobre estas cousas, entre moitas outras, claro.


2 comentarios en “O camiño da innovación”

  1. Eu creo que hai cousas que van ter que desaparecer ou transformarse completamente entre elas os libros de texto ¿Por qué pagar tanto por manuais se todo iso está na rede?

    Responder
  2. Para que cambie o modelo pedagóxico dos libros de texto necesítase un gran cambio no modelo educativo actual, e mentres se sigan pedindo e apoiando tal e como son dubido que se adapten. Pasará tempo, supoño.

    Responder

Deixa una resposta a María L Cancelar a resposta