Acabo de ver na Brújula Verde uns xoguetes que funcionan por control mental.
The Force Trainer trata de elevar unha bola mediante un chorro de aire, e MindFlex rétanos a guiar unha bola a través dun camiño de obstáculos.
Para poder interaccionar con eles debemos poñernos un casco que contén os sensores que se encargan de rexistrar a actividade do noso cerebro e, segundo ela, envía sinais eléctricos ao xoguete. Por exemplo, MindFlex ao recoñecer as ondas cerebrais envía un sinal a un ventilador que controla a “levitación” da bola. Segundo o grao de concentración o ventilador funciona con diferente potencia, podendo guiar a bola polo camiño.
Se non queredes gastarvos os cartos niso, sempre podedes enganar ao persoal cun sinxelo truco de maxia que simula o control mental. Está baseado no coñecido efecto do “mergullador cartesiano (pdf)“.
[Vídeo en metacafe: Baffle Your Friends]
Se te chama a atención isto de manexar unha bola mediante uns sensores na cabeza, non te perdas este vídeo de música creada coa cara. A partir duns sensores que captan o movemento dos músculos este xaponés é capaz de crear composicións musicais.
[Vídeo en youtube: electric stimulus to face]
Para os que comezades 4º de ESO, este ano falaremos de sensores, montaredes uns cantos e traballaremos con eles.
1 comentario en “Xoguetes que funcionan por control mental”