Seguimos coa teoría da diversión, ou como facer que a arte tecnolóxica inflúa no comportamento das persoas divertíndonos, e tamén facéndonos reflexionar sobre a realidade.
Grazas a Microsiervos descubrín a Chris O’Shea, que ten uns proxectos tecnoartísticos moi interesantes.
Con Hand from Above situou estratexicamente unha cámara e un programa de análise de imaxes con gráficos animados nunha rúa comercial de Liverpool. Nunha pantalla unha xigantesca man xurdida dos ceos xoga cos peóns, facéndolles cóxegas, movéndoos, facéndoos máis cativos, ou facéndoos desaparecer. Non volo perdades:
[Hand from Above from Chris O'Shea on Vimeo]
Con esta intervención de realidade aumentada, as persoas vémonos transformadas en parte dun xogo que mestura o mundo real co virtual, facémonos pequenas e vulnerables, coma se fósemos pequenos insectos cos que xoga un humano. Divertido, pero á vez inquietante.
Outro proxecto que me gusta é Audience. Trátase dunha instalación composta por unha serie de espellos xiratorios.
Cando unha persoa ponse diante, os espellos sincronízanse para seguila no seu movemento. Cando deixan de interesarse por esa persoa, buscan a outra á que seguir, ou se non atopan nada interesante míranse os uns aos outros coma se estivesen falando entre eles.
[Audience – rAndom International from Chris O'Shea on Vimeo]
A instalación ten como obxectivo establecer un tipo diferente de relación entre o espectador e a tecnoloxía. Xa non somos as persoas as espectadoras que observamos os obxectos, senón que agora o público son as máquinas, que se comportan coma nós, mentres que as persoas pasamos a ser o centro de atención ou de desinterese.
Funciona grazas a unha cámara aérea que proporciona a imaxe do que está a suceder. Esta imaxe analízase cun software que se encarga de envíar ordes aos servomotores dos mecanismos que moven os espellos.
Podes ver aquí máis proxectos de Chis O´Shea.
O primeiro mola máis