Computopías. Visión futurista da escola

En 1969, a revista Shonen Domingo incluíu unha serie de artigos ilustrados titulado “computopías” e que describe a vida nun futuro impregnado de computadoras.

Fixádevos como imaxina o futuro nunha aula dun colexio: (clica na imaxe para ampliala)

computopia_1.jpg

“O nacemento da escola informatizada”, ilustrado por Shigeru Komatsuzaki, imaxina o interior dunha aula do futuro, onde a profesora é unha imaxe nunha pantalla e o alumnado séntase nuns pupitres equipados con ordenadores. Cando a mestra presenta un problema, os estudantes deben resolvelo na pantalla utilizando un punteiro, e se a resposta é incorrecta deben corrixilo ata que o equipo indique que é correcto.

Coa finalidade de manter a orde, a aula está equipada con robots vixiantes que se encargan de castigar a quen estea distraído dándolle na testa cunha bola articulada. Pero non só están os robots, tamén hai un mecanismo no teito que se activa cando alguén non está traballando.

Fixádevos na cantidade de trebellos que se atopan na aula, polas paredes. Moita tecnoloxía, pero ben utilizada? Xa falei disto nun antigo post: “A escola do futuro

Aínda que ter un robot na aula á nosa disposición non estaría nada mal. Deixaríalle o mecanismo para dar labazadas, por exemplo, cada vez que alguén faga un curtocircuíto nas prácticas ;-) aínda que engadindo funcións de repartir e recoller o material, o que nos aforraría bastante tempo e traballo.

Podes ver máis ilustracións da serie en pinktentacle.com.

(Vía @alpoma)


4 comentarios en “Computopías. Visión futurista da escola”

  1. Pq no escribes en español para todo el mundo?, asi solo te entienden algo mas de 2 M de personas q viven en galicia, y siendo sinceros de esos 2 M solo el 15 % sabe lo q es internet.

    Responder
  2. Para todo o mundo non, Pere. Hai moitos millóns de persoas que non saben español. Segundo o que dis debería escribir en inglés ou en chino, que son os idiomas máis falados do mundo.

    Para ler webs en idiomas que non coñecemos dispoñemos de ferramentas de tradución que nos axudan. Por exemplo, se te fixas na barra lateral, tes unha ligazón que te leva a un tradutor: “Tradución automática con opentrad” (é bastante decente, anque ten erros)

    Para outros idiomas tes outros tradutores. O máis usado é o de google.
    Acaso non les ti sitios en inglés, francés, italiano ou portugués? Non sabes o que te perdes!

    Por que escribo en galego? Porque no meu día a día falo en galego, en tódolos ámbitos da miña vida, cousa que cada vez se está a poñer máis difícil. Por que non expresarme en galego tamén en internet se tamén é algo que forma parte da miña vida?

    Unha observación: A túa IP conduce a R (operador galego de comunicacións), polo que supoño que es galego ou vives aquí, así que ti precisamente non terías por qué ter ningún problema en entender o que escribo. E se non entendes é a túa responsabilidade aprender, e non a miña.

    Responder

Deixa un comentario