A primeira práctica que fixemos con transistores é unha das que máis gustan. Conseguimos acender un LED ou facer soar un zoador tocando un cables coas mans.
Como sabedes, o corpo humano, formado por auga, é conductor da electricidade, e por iso sufrimos cambras, pero ten unha resistencia moi alta.
Sen embargo a pequena intensidade que circula pola base do transistor cando tocamos as sondas coas mans é suficiente para activalo e que circule suficiente corrente polo colector para que se acenda un LED.
IC = β IB
Incluso funciona coa corrente que circula por tódolos corpos do alumnado de clase fando forma unha cadea.
Aquí tes o vídeo:
[youtube: O transistor como amplificador]
A partir desta práctica fixemos outras como sensores de luz, temperatura, humidade, amplificadores de audio, etc. Podemos detectar correntes moi pequenas e amplificalas para facer funcionar un dispositivo.
No esquema do circuíto, a resistencia de 8,2 KΩ é para protexer o transistor cando por descuido tócanse as sondas entre si.
Genial idea, se ve perfectamente el efecto amplificador del transistor, lo usaré en clase. Gracias por compartir.
Me ha gustado mucho.
Lo voy a utilizar en unas jornadas de puertas abiertas del instituto.
Gracias.
Alégrome moito de que vos guste.
A ver se vou subindo máis prácticas e proxectos de clase.
Estupenda práctica María, me ha encantado la cadena humana que has hecho. Cuando llegue a electrónica intentaré hacer la misma práctica…te cojo el vídeo para mi blog.