Ãs máquinas non hai que terlles medo, só hai que tratalas con respecto. Están feitas para axudarnos, facernos as tarefas máis doadas ou ofrecernos servizos imposíbeis sen elas.
Sen embargo hai moita xente que non se fía delas, ten medo de usalas, non as entenden ou consideran que só complican as cousas.
Nunha estación de tren en Londres, despois de ver como moita xente prefería facer cola antes que usar unha máquina expendedora de billetes, decidiron poñer este cartel:
[Flickr: Don’t fear the machines]
“Non teñas medo das máquinas, excepto de Terminator”
É un xeito orixinal de animar á xente, pero o máis importante está da man da tecnoloxía, do deseño industrial: a usabilidade.
Para que a tecnoloxía chegue á poboación non é suficiente que o funcionamento da máquina sexa correcto. O interface persoa-máquina debe ser atractivo, intuitivo e doado de utilizar, e debe adaptarse a todas as persoas.
(Visto en nopuedocreer)