Xornada sobre creación de vi­deoxogos

Queredes saber como se fan os videoxogos?

Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4ºESO e Bacharelato estades de sorte. Gradiant (Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia) organiza unha xornada sobre creación de videoxogos en Galicia destinada a estudantes de Educación Secundaria.

A historia do videoxogo en Galicia será explicada por un experto de Continental Games, que tamén nos explicará como producen os seus videoxogos, incluídos os que están a facer para Wii.

Falarase ademais da biometría aplicada ós videoxogos. Un experto de Gradiant ocuparase deste tema e ensinará en que consiste a inmersión en escenas 3D, a detección e seguemento de caras, a realidade aumentada e outras demostracións prácticas.

videoxogos.jpg

A xornada desenvolverase o día 16 a partir das 11 da mañá na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación, no CUVI.

Máis información en Gradiant


1 comentario en “Xornada sobre creación de vi­deoxogos”

Deixa un comentario