Confirmado! O Ministerio de Educación concedeunos unha axuda para a ampliación do proxecto de robótica que iniciamos hai dous anos
“Didáctica da robótica para a diversidade educativa mediante a introdución do método Lego Mindstorms”
dentro da a convocatoria de Axudas para o establecemento de agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comuns, na modalidade “B”.
Aínda temos que organizar a actividade, pero adiántovos que participará o alumnado de tecnoloxía de 4º ESO e de 1º de Bacharelato, e que este curso faremos o agrupamento co IES EL Greco, de Toledo, que esperamos que veñan a Baiona a participar nas xornadas de robótica que imos facer no Insti.
Se queredes saber como foron as xornadas do curso pasado podedes visitar o post: Fotos das xornadas de robótica Baiona-Velilla. Alí tedes este vídeo e as novas publicadas nos xornais.
[Xornadas de robótica Velilla-Baiona from María L on Vimeo.]
En maio pretendemos participar na competición de robótica “Robocampeones”. A ver se se repiten os resultados do curso pasado e traemos unha copa. Mirade a información no post “Baiona robocampioa!”
Tedes que traballar duro, pois só levarei aos mellores.
Parabéns María. Alégrome moito por ti e polos teus alumnos.