A serie anterior é do artista Iván Puig. Segundo el, a secuencia establece un paralelismo entre o proceso da vida natural e o da tecnoloxía, que tamén nace, medra, reprodúcese e morre.
Ten tamén interesantes creacións de reciclaxe industrial.
Nota: no argot electrónico os chips son cascudas
O malo (ou bo, xa non sei) é que a tecnoloxía cada vez nace, crece, reprodúcese e morre cada vez máis rápido. Custa seguir o ritmo
Pois si, cada vez máis rápido, pero tampouco é cousa de agobiarse por non seguirlle o ritmo. Eu creo que esta evolución vertixinosa é moi boa, só cómpre ter a mente aberta aos cambios.